CELEBRAMOS O SAMAÍN

O xoves 30 de Novembro celebramos o Samaín no CEIP O Areal. Fixemos unha exposición de cabazas e vimos uns contos de medo.  

O pasado xoves tivemos festa no cole. Dende o martes estivemos traendo cabazas ao centro, e o xoves todos os nenos/as baixamos a visitar a exposición.

Durante toda a mañán os nenos de 6º de Primaria estiveron mostrando un traballo feito por eles aos compañeiros de infantil e primaria. Este traballo eran uns vídeos de medo feitos por eles, para elaboralos primeiro inventaron un conto, despois fixeron uns debuxos para representalo, e finalmente montaron un vídeo cos debuxos, con música de terror e contándoo coas súas propias voces.

Todos os nenos estiveron moi atentos, e inda que eran de medo ninguén chorou, nin sequera os de infantil.  De todos estos vídeos cabe destacar os dous que consideraron vencedores, “A pantasma de Don Ramón” e “A Bruxa Pipinela”. Pero en xeral todos nos gustaron moito: “A boneca asasina”, “Os monstros do faiado”, “A malvada bruxa da montaña”, “O matajatos” e “A pantasma da nena orfa”. Todos eles podedes velos pulsándoos.

Despois do recreo, xuntámonos todo o alumnado do colexio no salón de actos e entregáronse os premios ás mellores cabazas, resultando vencedoras a de Borja, de infantil de 4 anos coa cabaza máis terrorífica; Yaiza, de 2º coa cabaza máis elaborada; Dani, de 4º coa cabaza máis simpática. E Laura, de 5º coa máis orixinal.

Durante toda a semana todos os cursos estiveron decorando as portas das súas aulas con debuxos e pinturas de medo. Durante a reunión no salón de actos anunciáronse as portas gañadoras, que foron: En infantil, a de 1º de infantil; no primeiro piso de primaria a de 3º; e no 2º piso de primaria a de 6º.

Pasámolo xenial e xa estamos esperando a próxima festa, que se celebrará o próximo venres 7 de Novembro, O MAGOSTO.

Aquí vos presentamos algunhas das fotos da festa.

As cabazas gañadoras:

Premios cabazas

As portas máis terroríficas:

Portas Samaín

Os vídeos de medo  (SE PULSADES SOBRE ELES PODEREDES VELOS):

A Bruxa Pipinela    A pantasma de Don Ramón

A Boneca Asasina    Os monstros do faiado  A malvada bruxa da montaña    A pantasma da nena orfa  O Matajatos

Noticia elaborada por: Carolina Pasantes. Pasantes, Carolina   Fotografía: Mario Suárez. Suárez, Mario

Estas entrada foi publicada en Infantil, Primaria coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s