NO CEIP O AREAL CELEBRAMOS O MAGOSTO

O venres día 7 de Novembro, no CEIP O Areal celebramos a festa do Magosto. Dende as 9:30 ata as 12:00 tivemos clase normal e logo saímos ao recreo.

Cando rematou o recreo tódolos alumnos/as do colexio fomos ao patio cuberto onde nos situamos por aulas.

Alí déronnos os premios (uns xogos para as aulas) aos gañadores das portas máis terroríficas, que foron as de 1º de educación infantil; a de 3º de primaria e a de 6º de primaria.

IMG_3094 IMG_3096 IMG_3095

Despois tamén veu unha representante do clube náutico que nos deu os premios duns debuxos sobre unha saída que fixemos a recoller lixo á praia de Lago, o ano pasado, os nenos/as de primaria,. Os gañadores dos debuxos foron Alba Mouzo de 2º, Carmen Laura Cabanas de 5º e Vanina Tajes de 6º, déronlles uns libros chulísimos.

Ganadora 1º    Carmen Laura Cabanas    Ganadora 6º

           Alba Mouzo                   Carmen L. Cabanas                Vanina Tajes

Despois de todo isto trouxéronnos as castañas asadas e comimos un montón delas, que boas estaban!!!

Castañas

Os alumnos de 6º rematamos un pouco antes e fomos preparar os xogos ao pavillón, pois nós fomos os monitores e fixemos xogos para os nenos/as de infantil nun pavillón e para os de primaria no outro polideportivo. Nós disfrutamos moito organizándoos e facendo de mestres, e eles pasárono xenial xogando!

xogosmagostoQue ben o pasamos con tantas actividades!!

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en 1º curso, 2º curso, 3º curso, 4º curso, 5º curso, 6º curso, Infantil, Primaria. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s