OS ALUMNOS/AS DE 5º E 6º VENDEMOS BOLAS DE NADAL

Durante esta semana os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria estivemos fabricando bolas de nadal de forma artesanal con papel de alumninio, plásticos de colores e cintas.

Os nenos de 5º e 6º imos ir de excursión en fin de curso, e xa estamos intentando recaudar diñeiro para poder realizar o viaxe. Xa vendimos polo pobo o número da lotería de Nadal 57.121, que haber si toca!!!

E agora ocorréusenos fabricar bolas de Nadal e vendelas aos nosos amigos e coñecidos, por un precio módico de 1€ que nos axude a financiar esta actividade de fin de curso. Esperemos que vos gusten e colaboredes con nós comprando moitas bolas!!!

Nas fotos que vos mostramos podedes ver como traballamos na súa elaboración, e tamén como nos quedaron algunhas delas.

Diapositiva1Diapositiva2

CURSO DE COOPERACIÓN

Por outro lado comentar que esta semana os alumnos de 5º de Primaria remataron un proxecto  moi interesante sobre a colaboración e a cooperación. Na que aprenderon moitas técnicas para traballar en equipo e tamén a resolver conflictos que se soen xerar cando traballan moitas persoas á vez.

Nerea fíxolle unha pequena entrevista a compañeira Marta de 5º na que nos explica que tal o pasaron neste curso:

Noticia elaborada por:

Yanira Barcia   Barcia, Yanira                           Nerea Santos   Santos, Nerea

About ceipoareal

Blogue do colexio CEIP O Areal de Camariñas
Esta entrada foi publicada en Infantil. Ligazón permanente.

Deixar un comentario