Chegou o Nadal ao Colexio de Camariñas

Despois de un trimestre no que traballamos moitísimo, por fin nos imos de vacacións a disfrutar do Nadal

A primeira actividade que fixemos foi un concurso de tarxetas de Nadal, cada alumno/a de primaria e de infantil fixo unha postal relacionada co Nadal. Entre todas elas foi elixida como gañadora a da nosa compañeira de 6º  Marta Antelo Moreira. Postal que será enviada nestes días a todas as familias que teñan nenos no Ceip O Areal.

Se eres un alumno do colexio, busca a túa postal na presentación que hai no final da noticia, están todas menos a da gañadora, que será enviada a cada familia o último día de curso. Será unha sorpresa!!!

Outra das actividades que fixemos con relación ao Nadal foi a decoración do centro con diferentes cousas relacionadas có Nadal como por exemplo Papá Noeis, Árbores de Nadal ou Bólas. Para elo cada neno levou para a casa unha fotocopia en tamaño A3 destes obxectos e decorouna o mellor que puido coa axuda da súa familia. Podedes ver na presentación que acompaña a noticia algunha destas actividades.

Por último algúns dos cursos decoraron as súas portas con motivos navideños, por exemplo podemos destacar o Papá Noel forzudo de 5ºB, a Árbore de Nadal de 6º ou o Frozen na clase de Inglés.

Todas estas actividades podedes velas na seguinte presentación: NADAL NO COLE

Ademáis de todo isto, para celebrar que chegan as vacacións cada grupo do Cole vai a celebrar unha festa na súa aula este venres, e despois 20 días de vacacións!!!

Comentar tamén que o Martes 16 de Decembro celebráronse no colexio unhas charlas sobre o consumo responsable para os alumnos de infantil e para os grupos de 1º,2º,3º e 4º de primaria. Estas charlas foron impartidas polo Instituto de Consumo de Santiago e ensinábanlles que no Nadal non todo é consumir e comprar regalos caros. Os nenos deben aprender que os agasallos que reciben deben de ser seguros e útiles.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en 1º curso, 2º curso, 3 anos, 3º curso, 4 anos, 4º curso, 5 anos, 5º curso, 6º curso, Infantil, Primaria. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s