GRANDES CAMBIOS NO COLE PARA O CURSO 2015/16

Este curso 2015/16 comezou no CEIP O Areal con numerosos cambios, especialmente referidos ás instalacións. Tanto no centro de Primaria como no de infantil.

O cambio máis salientable é o do cerrado exterior do centro de primaria, que foi totalmente renovado durante o verán polo concello. Ademáis sacáronse tódalas árbores que estaban destrozando o cemento. Para darlle un pouco de cor e utilidade a este novo espazo os alumnos/as de 6º de primaria pintaron as liñas dun campo de baloncesto, dun de voleibol e dunha pista de fútbol sala.

IMG_5281IMG_5282

Pero non se quedaron no exterior os cambios, no interior tamén se poden apreciar numerosos cambios, entre os que destacan o cambio das ventás de tres das aulas, por parte da Consellería de Educación. Desta maneira ademáis de ter menos ruídos teremos máis calor dentro de clase.  Aproveitando que unha delas quedaba libre, a aula de Audición e Linguaxe cambiouse a un destes espazos, quedando xenial como se pode ver na foto.

IMG_5279

E finalmente o outro gran cambio produciuse no edificio de Educación Infantil, durante estos días realizáronse coa colaboración do concello varias obras para dixitalizar todo o centro. Instalouse internet por cable en tódalas aulas e colocáronse ordenadores e proxectores en dous cursos, faltando tan só a colocación de outro equipo nun dos grupos, que se fará en próximas datas. Desta maneira os rapaces poderán disfrutar moito máis da súa aprendizaxe. Na foto pódese ver unha das aulas!

IMG_5285Esperemos que ao longo do curso podamos seguir facendo novos arreglos para facer do cole un lugar mellor!!

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Biblioteca, Infantil, Primaria coas etiquetas , . Ligazón permanente.

1 Response to GRANDES CAMBIOS NO COLE PARA O CURSO 2015/16

  1. Vanessa di:

    Alégrome moito de todas estas melloras. Merecédelo.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s