Todos os nenos do cole fomos de andaina a praia de Lago para a súa limpeza, os máis cativos foron en transporte escolar e os nenos de 5 anos (a metade do traxecto) e de primaria foron andando coa intención de fomentar hábitos saudábeis, practicar deporte e o contacto coa natureza. Unha vez alí merendamos, recollemos o lixo e unha vez rematado o traballo desfrutamos de estar nunha contorna limpa e coidada. Máis adiante continuamos a andaina ata o Náutico onde nos obsequiaron cuns riquísimos bocadillos, moitísimas grazas!!! Esperamos que agora todos desfrutemos coas fotos dese día!!!