Con este proxecto pretendemos recopilar verbas da zona que, na actualidade, por diversos motivos xa non se usan.
Son verbas referidas especialmente a traballos tradicionais como a agricultura, pesca, marisqueo, encaixe, …
Para a recollida destes termos, cada alumno buscou verbas empregadas polos seus pais/nais, avós/avoas, bisavós/bisavoas, que xa non se usan na actualidade, pero que eles si empregaban na súa infancia.
Con todo este material, fixemos unha pequena exposición nos corredores do centro.
Podedes ver os traballos dos nenos e nenas no seguinte enlace: verbas esquecidas
Moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración!