Os nenos/as de 1º e 2º de Primaria disfrutamos na natureza

O martes 14 de marzo, os nenos/as de 1º e 2º do noso colexio disfrutamos dunha xornada na que fixemos moitísimas actividades relacionadas cá natureza.

Según chegamos ao cole á primeira hora puidemos disfrutar do nacemento do primeiro dos pitiños que saíron da incubadora. Foi algo realmente emocionante!

Incluso escoitamos como piaba o pitiño dentro do ovo!

20170314_094923

Despois fixemos unha saída ata a praia de Area da Vila, con dous propósitos o primeiro recoller algas para poder abonar o invernadoiro no que vamos a plantar un montón de verduras e o segundo recoller lixo para así deixar máis limpa a praia. Parte deste lixo que recollimos trouxémolo para o colexio para máis adiante aprender a facer figuras recicladas coa asociación “Mar de Fábula”.

20170314_104447

20170314_105028

Tras esto inda nos quedamos un pouco máis na praia onde Jackie nos explicou como marisquean nesta zona e nos ensinou as artes que utilizan. E despois levounos ata Lingunde dende onde puidemos ver que ao lexos estaban varias mariscadoras collendo ameixas e berberechos.

Xa ao voltar ao colexio e para recuperar enerxía estivemos facendo brochetas de froitas e coméndoas, estaban riquísimas porque levaban froita moi variada como mazá, pera, plátano, fresa e mandarina.

E xa para finalizar o día, collemos o pitiño que xa nacera e fómosllo ensinar aos nenos/as máis pequenos, aos nenos/as de infantil, que quedaron moi sorprendidos con esta visita.

 

DÍA NA NATUREZA PARA OS ALUMNOS

Advertisement

About ceipoareal

Blogue do colexio CEIP O Areal de Camariñas
Esta entrada foi publicada en 1º curso, 2º curso, Infantil, Primaria, Voz Natura. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s