Estudamos as plantas!

Os nenos e nenas de 3º estamos estudando as plantas e ao longo destas semanas pasadas fixemos unha morea de actividades. Entre elas, e coa axuda de Tedín, plantar leitugas e berenxenas no invernadero.

Esperamos recoller algún froito nas vindeiras semanas!!

E tamén plantamos a carón do muro do adro da igrexa un romeu e unha lavanda que arrecenden moi ben.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Pero tamén fixemos varios talleres na aula coa colaboración das familias:

  • Plantamos fabas, lentellas e garavanzos en caixas de CDs que reutilizamos para ver como ian medrando, cal medraba mais rápido, máis lentamente, vimos como as follas son diferentes, as raíces, …
  • Reutilizamos vasos e botellas de plástico para plantar e ver como as raíces ian medrando, como suxeitan a terra e incluso dando volta ao recipiente “case” non caia terra… Vimos que rápido xerminan as lentellas!
  • Investigamos nos ordenadores da aula de informática sobre moitas preguntas que nos xurdiron sobre as plantas.
  • Fixemos un taller de perfumes usando diferentes partes das plantas: follas, raíces e froitos… que ahora debemos deixar macerar e repousar.
  • Clasificamos unha morea de follas que trouxemos ao cole coa axuda das familias…
  • E fixemos uns laberintos cunhas caixas para ver como as plantas van medrando e buscando a luz que precisan para vivir.

O pase de diapositivas require JavaScript.

No seguinte enlace podedes ver e descargar todas as fotos do noso proxecto:

fotos do proxecto das plantas de 3º

E finalmente e grazas a axuda de Jackie e a invitación de Marisol Soneira fomos ver unha morea de plantas, cultivos, animais … que ten Marisol na súa casa. Ademáis de tomar unha rica merenda!

MOITAS GRAZAS A JACKIE POLA COLABORACIÓN E A MARISOL E OS SEUS PAIS POLA SÚA HOSPITALIDADE!!!

O pase de diapositivas require JavaScript.

Alí vimos: parrulos, ocas, ovellas, galiñas de diferentes razas (ata unha delas estaba chocando ovos), pavos de Guinea, … e puidemos ver que diferentes son os seus ovos.

Tamén vimos ovellas, porcos, un estanque para os parrulos e un can que resultou ser un gran anfitrión e ao que lle gustaban os nosos mimos.

Na horta vimos patacas, leitugas, cereixeiros, repolos, fresas, xuncos, etc.

Aprendemos moito e pasámolo xenial!!!

Ainda que xa o sabiamos, porque uns días antes os nenos e nenas de 1º e 2º tamén foran convidados a casa de Marisol como podedes ver nas seguintes fotos:

O pase de diapositivas require JavaScript.

O certo é que, tamén os nenos e nenas de 1º e 2º están feitos todos feitos uns granxeiros e granxeiras e tamén traballaran moi duro no invernadoiro do cole:

O pase de diapositivas require JavaScript.

 

Advertisement

About ceipoareal

Blogue do colexio CEIP O Areal de Camariñas
Esta entrada foi publicada en 1º curso, 2º curso, 3º curso, Primaria, Voz Natura. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s