O martes 16 de maio celebramos na escola o día das letras galegas. Neste ano 2017 adícaselle o citado día a Carlos Casares, rendéndolle unha homenaxe máis que merecida a este escritor galego que comezou as súas andanzas no mundo da literatura con pouco máis 10 anos de idade. Para dita homenaxe decidimos escoller algúns títulos das súas obras ou traducións máis coñecidas (libros ou series de libros) e realizar un debuxo no chan con xiz entre todas e todos as nenas e nenos da escola, por aulas. Estes son algúns dos títulos que escollemos entre outros:
- “A Galiña Azul”.
- “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas”.
- “Este é Toribio”.
- “A ra de Toribio”.
- “O principiño ao redor do mundo”.
- “Un polbo xigante”
Velaquí tendes o fantástico resultado destes títulos tan coñecidos levados a debuxo:
E neste enlace podedes descargar as fotos: