O 23 de maio, os nenos e nenas de 1º, 2º, 3ºA, 3ºB e 4º de ed. primaria fomos de excursión a Teixeiro e polo camiño ata vimos o cárcere.
Visitamos o Museo Etnográfico do Río Mandeo onde xogamos a moitas cousas:
- Xincana de moitos xogos: cadea de roupa, catapun-chispun, o pano, carreira de sacos, a pesca, tirachinas, guerra de pobos, reconstruír o esqueleto dun animal…
- O rastrexo: búsqueda de pistas.
- O pobo soñado (no laboratorio).
O rastrexo polo paseo fluvial do Río Carregal foi o noso xogo favorito e a Xincana tamén nos gustou moito.
Comemos moito! Case todo o que levamos, e como era a semana da froita levamos as nosas mazás para o recreo (ummmmmm!).
A continuación podedes ver e descargar as fotos deste día no seguinte enlace: