O venres 2 de xuño os nenos e nenas de 3ºA, 3ºB, 4º, 5º e 6º de educación primaria fomos ao monte facer varias actividades cos gardas forestais, onde nos explicaron a importancia de coidar o monte e a natureza.
Nos montes que hai detrás de Dor estivemos podando pinos:
Explicáronnos que hai que podar un terzo das ramas inferiores (algunhas delas xa non tiñan follas) para que as árbores medren máis fortes e sans.
E puxémonos mans a obra!
Despois de repoñer forzas e merendar, camiñamos ata preto de Xaviña e plantamos uns bidueiros:
No seguinte enlace podedes ver e descargar as fotos deste día (en canto poidamos engadiremos algunha foto máis!):