Ao longo dos últimos días, estivemos celebramos o Samaín no cole con diversas actividades:
- Os nenos e nenas de 5º e 6º contáronnos e representaron contos de medo na biblioteca.
- Adornamos os corredores do colexio.
- Desfrutamos das exposicións de cabazas no edificio de educación infantil e no de educación primaria, grazas a colaboración das familias que traballaron moito!
- O día 31 de outubro, viñemos monstruosamente disfrazados a escola e queimamos os nosos medos.
- E, sospeitosamente, no cole arrecendía a palomitas, así que algúns afortunados viron unha “peli” de medo.
No seguinte enlace podedes ver e descargar fotos desta celebración: FOTOS SAMAÍN 2017
Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración e por realizar unhas cabazas tan terroríficamente bonitas!