No CEIP O Areal antes de marchar de vacacións de Nadal fixemos unha chea de actividades relacionadas con esta época do ano.
Entre elas destacaron sobre todo a elaboración duns murais que se colocaron no exterior do patio de Primaria. Cada curso elaborou decorou unha árbore de Nadal utilizando para elo os materiais que consideraron oportunos, de forma que saíron un montón de árbores de Nadal diferentes, pero todas elas preciosas!
Podedes velas todas no seguinte enlace:
ÁRBORES DE NADAL DO CEIP O AREAL
Ademáis, tamén elaboramos unhas postais navideñas, das cales eliximos unha de Infantil e unha de Primaria, e utilizámolas para estas festas ás familias e como calendario escolar do 2018.
Por último, pero non menos importante recibimos a visita de Papá Noel, ao que os nenos tanto de Infantil como de Primaria lle puideron entregar as súas cartas coas peticións de agasallos.
Tódalas fotos podédelas ver e descargar no seguinte enlace:
FOTOS DO NADAL 2017 NO CEIP O AREAL
Ademais, os nenos e nenas de 3º e 4º participaron no concurso de Contos de Nadal da Voz de Galicia, e inda que non gañamos ningún premio fixeron uns contos preciosos.
Nos seguintes enlaces podedes ler os que fixeron en 4ºA: