Excursión ao Acuario

DSCF2708

O día 31 de xaneiro estivemos de excursión no Acuario da Coruña. Cando entramos había unha peceira con moitos peixes iguais.

DSCF2665

Polos corredores había moitas figuras feitas de lixo que encontraron no mar.

This slideshow requires JavaScript.

Despois fomos a ver unha vaca con moitos debuxos xuntos de peixes. Ao lado da vaca, había un tubo de cristal que indicaba cantos mexillóns se recollen cada día do mar.

Logo fomos a unha sala onde había moitas peceiras con diferentes especies de peixes: peixes de auga doce, peixes de auga salgada, …

P1000308

Tamén visitamos unha sala onde había peceiras xigantes con moitos peixes: estrelas de mar, peixes que se camuflaban nas rochas, polbos, raias…

P1000314

Cando acabamos de ver todos estes peixes pasamos por un submarino debaixo do mar que nos levou a sala “Nautilus” onde había moitos peixes extraordinarios e un tiburón que se chama Gastón.

Alí puidemos ver uns buzos que lles daban de comer aos peixes e que tamén se encargan de limpar os cristais.

Por último, saímos ao exterior e fomos visitar as focas e vimos como lles daban de comer.

This slideshow requires JavaScript.

Lola, Saray, Daniel e Iago (4ºA)

 

 

Esta entrada foi publicada en Infantil. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s