Visita á Casa das Ciencias e ao Planetario.

O mércores 31 de xaneiro fomos de visita á “Casa das Ciencias” pola tarde. Despois de estar pola mañá no Acuario e na Domus.

P1000428

Dentro da “Casa das Ciencias” había catro salas (unha en cada planta).

Na primeira sala só hai un xogo chamado volta ao mundo, tamén había pitiños e un xogo dun boli.

P1000419.JPG

Na segunda planta había un xogo de tirar as bólas, tamén un xogo que tiñamos que darlle ao botón para soltar aire e flotaba un globo, outro xogo dunha árbore de bólas, un xogo que tiña un imán para absorver a tinta diluída.

 

This slideshow requires JavaScript.

Na terceira planta había unha randeeira (columpio) branco grande e dúas randeeiras que tiñas que ir ao mesmo tempo, un xogo de tirar ás bólas e moito máis.

Na penúltima planta como un fotomatón, moitas cousas do sistema solar, un xogo de luces e un xogo de área máxica que nos gustou moitísimo. Tamén o pasamos xenial cun de facer carreiras cronometradas.

DSCF2790.JPG

Na cuarta planta había un planetario enorme, parecía que estabamos nun cine con moitas butacas moi brandas de cor gris escuro. E mirando para o teito parecía que iamos rodando polo espazo, víanse moitas estrelas e moitos planetas.

P1000403

Cando acabamos fixemos dúas filar para ir aos autobuses. Chegamos a Camariñas e os pais e as nais estaban esperándonos. Eran sobre as 7 da tarde. Foi un día xenial!

Lucas Vila, Mateo, Lucas Rodríguez, María e Anxo (4ºA).

 

 

Esta entrada foi publicada en Infantil. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s