ENTROIDO 2018

fe56e-captura2bde2bpantalla2b2013-02-022ba2bla2528s25292b13-28-11

Estimadas familias:

Este venres día 9 de febreiro celebraremos o Entroido no CEIP O Areal. Se o tempo o permite está previsto que realicemos un pasarrúas pola vila con saída do colexio a partires das 10:30h, baixaremos pola rúa Eugenio López, xiraremos diante do Gadis e logo subiremos pola zona da casa da Pedra ata a praza do Concello. Regresaremos ao colexio sobre as 12:00-12:15 h.

Neste senso, prégamos a máxima colaboración das familias que asistan ao desfile. Tede en conta que a garda e custodia dos nenos e nenas correspóndelle aos seus mestres e mestras (son a nosa responsabilidade), que os nenos e nenas deben desfilar co seu grupo de compañeiros e compañeiras, que o desfile non é o momento de tomar fotos individuais, sacar os nenos do seu grupo…

Cando os nenos e nenas regresen ao centro, subirán a merendar as aulas. Como todos os anos, pedimos a vosa axuda e que cada familia aporte doces típicos destas datas para compartir os nenos e nenas nas aulas (orellas, filloas, rosquillas…) ao regreso do desfile.

OLLO!!! Os nenos e nenas saíran á 13:00h (en lugar de ás 14:30h) e polo tanto debedes vir recollelos a esa hora.

Por último, recordarvos que con motivo da celebración do Entroido as clases non se reanudarán ata o vindeiro xoves 15 de febreiro, día no que os nenos e nenas se incorporarán as aulas.

P.D: No caso de que a choiva impida o desfile pola vila, os nenos e nenas desfilarán polo pavillón. As familias poderán asistir como espectadores.

 

Un saúdo, a dirección do centro.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Infantil. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s