Esta semana no noso colexio estase a disputar un interesantísimo torneo de Ping Pong organizado por Borja, o mestre de Educación Física.
Alumnos/as de tódolos cursos de primaria están a pasalo xenial xogando a este apaixonante deporte.
Recordamos que este ano dende o centro apostamos por ofrecer varias posibilidades lúdicas aos nenos e nenas, para o cal adquirimos dous futbolíns e fixéronse dúas mesas de ping pong adaptadas en altura aos alumnos/as.
Aquí podedes ver unhas fotos e vídeos de algún dos encontros.