A escritora Elisabet Ríos Liste, máis coñecida coma Eli Ríos, estivo no noso colexio o 17 de abril para realizar un obradoiro cos alumnos e alumnas sobre a biografía e a obra de María Victoria Moreno, que é a escritora ao que este ano se lle adica o día das Letras Galegas.
Os nenos e nenas coñeceron a esta escritora a través doutra gran escritora dun xeito lúdico. Os máis pequenos cun contacontos e os de Educación Primaria ademais realizando, eles mesmos por grupos, unha biografía dun obxecto que lles tocou ao chou, converténdose en escritores por un día e desfrutando moito a experiencia. GRAZAS ELI!