Este pasado luns recibimos Celtia Figuerias, unha estupenda contacontos que nos veu a representar ao colexio o espectáculo “As estacións en contos”. Unhas amenas representacións, apoiadas en monicreques que axudan a comprender os ciclos da natureza.
Nesta ocasión as representacións foron realizadas a tódolos nenos/as do colexio, repartidos en varios grupos.
Os primeiros en asistir foron os nenos de Educación Infantil que ás 10:30 acercáronse á biblioteca de Primara para asistir á representación “Contos para a Primavera”
Máis tarde, ás 11:15 foron os alumnos/as de 1º, 2º e 3º de Primaria os que asistiron a esta mesma representación “Contos de Primavera”.
E finalmente ás 12:45 os alumnos de 4º,5º e 6º asistiron á representación “Contos de Primavera e Verán”.
Se queredes saber máis desta estupenda Contacontos podedes informarvos no seguinte enlace: CELTIA FIGUEIRAS BLOGSPOT