Visita á “granxa” de Marisol!!

O pasado venres 4 de maio os nenos/as máis pequenos do colexio fixemos unha visita moi, moi especial aquí no Concello de Camariñas. Fomos camiñando ata Buría a ver a Marisol Soneira, quen nos ensinou gran cantidade de animais que ten ao redor da súa casa.

Esta visita fixémola en dous grupos, ás 11:00 foron os máis pequechos, os alumnos/as de 4º e 5º de Infantil, e ás 12:00 foi  o turno dos rapaces/as de 6º de Infantil e 1º de Primaria. Para a visita ademáis de ir acompañados polos titores e algún mestre especialista, tamén colaborou na saída a directiva da ANPA Cristina Canosa.

P1010139

Na visita os nenos/as disfrutaron moitísimo vendo un montón de animais como foron os cans, os porcos, as ovellas e as súas crias, as galiñas, galiñas de guinea, ocas, pavos, … pero sen dúbida o que máis lles gustaron foron uns patiños pequenos que estaban a nadar no estanque!!!

This slideshow requires JavaScript.

Ao finalizar a visita, tódolos nenos/as disfrutaron dunha gran merendola, que lles ofreceu Marisol composta de Doce de ovo e pastas para comer e zumes e batidos de chocolate para beber!

Ademáis de todo isto Marisol deunos varios ovos de pavo, pato, oca, galiñas de guinea, para que poñamos na nosa incubadora, a ver si hai sorte e vemos como nace algún pitiño no noso colexio!!

Dende o equipo directivo e claustro de mestres/as do colexio queremos agradecer a ANPA, especialmenete a Jackie e a Cristina a organización desta fenomenal visita. E sobre todo agradecer a Marisol que nos recibise con tanto cariño, nos mostrase tódolos seus animais, e nos ofrecese esa sabrosa merenda. Gracias Marisol!!

FOTOS DA VISITA Á GRANXA DE MARISOL

 

Esta entrada foi publicada en Infantil. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s