O 16 de maio celebramos no CEIP O Areal o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Este ano adícouselle a escritora María Victoria Moreno que escribiu moitos libros para os nenos e rapaces e que ademais foi unha gran defensora do nosa lingua: o galego.
Os rapaces de sexto representaron unha obra de teatro que se titula “A festa no faiado”.
E tamén leron outro conto que se titula “¿E un cacho de vica?” do libro “Eu conto,ti cantas…”. É un conto escrito en verso que nos narra a historia de Iván e a súa cadela Nica.
Despois do recreo,todos os rapaces do centro pintaron con xices de cores no chan do patio debuxos relacionados coa obra de María Victoria Moreno.
No seguinte enlace podedes ver e descargar as fotos deste día: LETRAS GALEGAS 2018