Esta mañá tivemos unha visita moi esperada. A presentadora de O Tempo da TVG Noelia Rodríguez estivo cos alumn@s de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria de Camariñas explicándonos numerosos aspectos relacionados co tempo.
Noelia, recordounos as diferenzas entre o tempo e o clima, o ciclo da auga, os diferentes instrumentos para medir os distintos fenómenos como son o cataventos, o pluviómetro ou o barómetro, … Todo elo de unha forma moi amena e axudándose de vídeos educativos.
A continuación, ensinounos como facían o programa do Tempo da TVG, a elaboración dos mapas de previsión, a forma de presentar o programa, quizáis o que máis nos abraiou foi que cando presentan non o fan sobre mapas senón sobre unha tea que só ten unha cor verde, e despois có ordenador colocan o mapa!
Máis tarde, fixemos o debuxo do mapa de Galicia e uns compañeir@s estiveron a colocar os símbolos metereolóxicos nel, situando a imaxe dun día solleiro, con nubes, con chuvia, con néboas, o símbolo da néboa ou do vento,… Despois fíxonos unha representación de como presentaría o tempo co mapa que elaboramos entre tod@s. E finalmente pediulle a un mestre e a dous alumn@s que intentasen comentalo como se fosen eles/as os presentadores/as.
Xa por último, antes de despedirnos, recordounos que aquí en Camariñas, na punta do muelle, hai unha pequena estación metereolóxica.
Dende o colexio queremos agradecer a Noelia que nos viñese a impartir esta interesantísima charla, coa que podemos entender moito mellor todo o relacionado co tempo metereolóxico.
ESTA VISITA TAMÉN FOI GRAVADA POLO PROGRAMA “A REVISTA” DA TVG
No seguinte enlace podedes ver e descargar algunhas fotos desta actividade: