EXCURSIÓN DE INFANTIL A CORUÑA

O martes 29 de maio as nenas e nenos de infantil realizaron a excursión de final de curso. Foron a pasar o día A Coruña, onde visitaron o Acuario e o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT).

Pola mañá estaba a fauna mariña do acuario esperando polas cativas e cativos. Alí gozaron dunha visita guiada polo acuario onde viron rodaballos, morenas, “cabrachos”, medusas, estrelas de mar, cabaliños de mar, polbos, focas, quenllas, etc.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Ademais de tomar conciencia dos coidados que precisan os animais mariños e os nosos mares e océanos.

Ao mediodía despedíronse do acuario para achegarse ao MUNCYT e gozar dunha rica comida.

Despois de ter a barriga chea dispuxéronse a realizar unha actividade no museo que levaba por título “Benvidos a bordo”, onde realizaron un helicóptero, fixérono voar, coñeceron partes dun avión por dentro (zona de pasaxeiros e cabina de pilotaxe) e falaron con unha robot e un robot.

 

Ao remate de tan dura xornada só quedaba volta a casa…chegaron derrotadas e derrotados…vida dura a de camiñantes!!!

No seguinte enlace podedes ver e descargar as fotos dese día:

Fotos excursión infantil á Coruña

 

Esta entrada foi publicada en Infantil. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s