Saída didáctica a Naturmaz (Mazaricos)

O pasado día 5 de xuño, o alumnado de 1º e 2º curso de Educación Primaria do noso centro educativo visitou Naturmaz, situado no concello de Mazaricos. Realizamos unha visita á granxa, onde puidemos coñecer, agarimar, e dar de comer a eguas, cabalos, coellos, galiñas, cabritiños e incluso a algún bacoriño!

Despois, realizamos un pequeno circuito, no que as nenas e nenos fixeron tiro con arco e paintball, ademais doutros xogos tradicionais. Tamén había un aeródromo, onde puidemos ver de cerca ultralixeiros de diferentes tamaños, e coñecer como funcionan e porqué se chaman así.

E finalmente, despois de xantar e repoñer forzas, todas e todos desprazámonos ó tatami para levar a cabo o Xogo da Oca, en versión xigante! Fixemos catro equipos, e tivemos que responder a preguntas sobre os animais da granxa, tirar un dado enorme, etc.

Imagen9

Foi unha gran experiencia, e sobre todo, moi entretida e interesante. Esperamos volver pronto, moitas grazas ás monitoras e monitores de Naturmaz!!!

No seguinte enlace, podedes ver e descargar máis fotos deste día: fotos Naturmaz

Advertisement

About ceipoareal

Blogue do colexio CEIP O Areal de Camariñas
Esta entrada foi publicada en 1º curso, 2º curso, Primaria. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s