FIN DE CURSO 2017/2018

P1010430

Descarga todas as fotos AQUÍ

 

Chegou o final! Despois deste intenso e inesquecible curso, reunímonos todas e todos na Casa de Pedra, o pasado xoves 21 de xuño, para realizar esta festa de despedida. O primeiro curso en actuar foi 1º de Educación Primaria, cunha obra de teatro chamada O cociñeiro Martiño. A continuación, chegou o momento de mover o esqueleto coa actuación de 4º de Educación Infantil e o seu “Follow the Leader”, e tamén con 2º de Educación Primaria con temas como Danza da Paz.

 

 

Posteriormente, o alumnado de 3 e 5 anos de Educación Infantil bailou de forma conxunta ó ritmo da música da artista galega Sés. Despois, chegou o momento de 3º de Educación Primaria, cunha coreografía con cancións entre as que destacou Carros de Fuego. Deseguido, tanto 4ºA e 4ºB amosáronnos o seu talento cun baile coa canción Cuando crees que me ves, de maneira conxunta. E despois, cada un destes cursos realizou os seus propios bailes.

 

 

Aproximándonos ó final, o alumnado de 5º de Educación Primaria dispúxose a danzar o éxito Yo quiero marcha, marcha. E finalmente, as nenas e nenos de 6º agasalláronnos co baile da película Grease, un acto de despedida, e un vídeo final moi emocionante (descargao premendo AQUÍ).

 

 

Ademais, queremos agradecer o esforzo realizado por todo o alumnado, mestras e mestres, o conserxe, o técnico de son, nais e pais, traballadoras e traballadores do Concello, etc… Grazas ó traballo de todas e todos este festival tivo un resultado magnífico. Lembrade, isto non é un adeus, é un ATA SEMPRE!!!

 

Se queredes desfrutar do show unha vez máis, accedede ao noso canal de Youtube nas seguintes ligazón:

Festival fin de curso 17/18 PARTE I

Festival fin de curso 17/18 PARTE II

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Infantil. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s