Na mañá do día de hoxe as nenas e nenos de educación infantil fomos ver como se realiza unha actividade tan propia dunha poboación que basea a súa vida no mar: o marisqueo.
Saímos ben cedo, e fomos camiñando dende a nosa escola ata Area da Vila.
En Area da Vila fixemos un pequeno descanso e aproveitamos para tomar as nosas merendas todos xuntos. Tivemos moita sorte co tempo que fixo!
Coas forzas repostas pasamos á acción. Era o momento de que Jacqui e Verónica nos ensinaran como fan o seu traballo. Aquí vos deixamos unhas fotos para que vexades como foi a nosa experiencia.
Aprendemos un montón de cousas:
- Temos que coidar moito Area da Vila, xa que é un dos principais criadeiros de marisco. Este marisco é recollido nesta praia para poder sementar nas outras a onde estas mulleres van a mariscar.
- As mariscadoras teñen un limite de cantidade de marisco para poder recoller no mesmo día.
- Aqueles mariscos máis pequenos non se poden coller, temos que esperar a que medren. Se atopan algún mentras recollen devólveno ao mar.
- O marisco pode ser recollido na beira do mar ou introducíndose na auga.
Quedamos moi contentas e contentos. De seguro é unha experiencia para repetir. Moita gracias!