Magosto 2018

Velaquí tedes a redacción dun dos alumnos de 6º curso que resume perfectamente o pasado día de celebración no colexio. Espero que vos guste. Ademais engadimos fotos do evento!

“Vouvos contar a miña historia sobre o Magosto. É unha festa que se celebra o 16 de novembro. Consiste en facer xogos populares do sitio onde o celebres, tamén compre comer castañas. Normalmente o Magosto celébrase no colexio, pero tamén hai familias que o celebran na casa.
Agora vouvos contar o meu día de Magosto.

O venres 16 de novembro de 2018 celebramos o Magosto no colexio. As dúas primeiras horas fixemos clase normal. A algúns compañeiros importoulles, pero a min non moito. A terceira hora estivemos facendo cucuruchos e adornándoos. Eso foi a terceira hora. Pero na terceira hora tamén fixemos outra cousa, fomos co profesor Juan Carlos para que nos explicara os xogos que tiñamos que organizar. Despois do recreo estivemos comendo as castañas ata a unha e cuarto aproximadamente, despois estivemos esperando no pavillón a que os rapaces de Primaria e Infantil acabaran as súas castañas. Cando remataron viñeron para o pavillón para xogar a os xogos que preparáramos. Os de Primaria viñeron para o pavillón de diante e os de Infantil para o outro.

Por último ao acabar os xogos subimos para a clase e falamos de como foi o día, aínda que non nos deu case tempo porque antes tivemos que limpar todo o pavillón”.

Pulsade para ver tódalas FOTOS DO MAGOSTO

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Infantil, Primaria. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s