Fai uns días os rapaces/as de 4º de primaria tiveron unha clase de naturais moi especial.
Fixeron unha saída ao entorno da praia de Area da Vila e de Lingunde en donde estiveron a buscar cogumelos. Recolleron unha gran variedade deles, e o seu mestre Diego explicoulles cales deles eran velenosos, cales tóxicos, e tamén aqueles que serían comestibles.
Impresionáronos sobre todo as amanitas, tanto a muscaria como a phaloides, que pola súa beleza parecen as máis apetecibles para ser degustadas e en cambio son unhas das máis velenosas.
Entre outras cousas o mestre tamén lles explicou, a gran importancia dos cogumelos e en xeral dos fungos na natureza, e que se eles non van a recoller setas para comelas, que non as rompan que as deixen nos nosos bosques para darlles esa beleza inconfundible.
Nesta saída tamén aprenderon a importancia de coidar o medio natural que nos rodea, polo que tamén aproveitaron para recoller algo de lixo que ían encontrando ao seu paso.
Despois da recollida, onde ademáis aproveitaron para recoller follas e froitos de distintos tipos de árbores autóctonas como carballo, castiñeiro ou piñeiros, voltaron para a escola onde fixeron unha exposición para que o resto dos seus compañeiros de colexio tamén aprendesen un pouco sobre o misterioso mundo das setas.