25 de novembro: Día contra a Violencia de Xénero

00

Así, de negro e de costas, é como manifestamos a nosa repulsa contra a violencia de xénero. Para este acto o Concello entregoulle a cada neno/a un globo e unha mochila.

Neste día no que tamén contamos coa compañía da alcaldesa de Camariñas, que quixo  estar connosco neste acto, no que despois dun minuto de silencio polas victimas da violencia de xénero, adicou unhas palabras acompañada dos alumnos/as do CEIP O Areal.

Creemos que o primeiro paso para frear esta lacra social reside na educación, así que dende o CEIP O Areal dicimos: “NON A VIOLENCIA”.

Deixamos una selección das fotos sacadas nese día, así como un enlace para que vexades o resto de instantáneas: PINCHA AQUÍ.

Esta actividade realizada o pasado 23 de novembro en realidade foi o punto culme ás numerosas actividades realizadas en contra da “violencia” durante estas últimas semnas no noso colexio.

Fundamentalmente temos que destacar as seguintes:

Taller en contra da violenica de xénero, impartido pola técnica de igualdade do Concello de Camariñas, ao alumnado de 5º e 6º de Primaria, o xoves 15 de novembro.

➡️ Os alumnos e alumnas de 5º están aprendendo mediante o xogo do “Pasapalabra Inclusivo” aquelas accións, conductas ou sentimentos relacionados coa desigualdade e violencia de xénero así como os relacionados coa igualdade, respecto e non violencia de xénero.
➡️ Co alumnado de 6º trabállase a temática da violencia de xénero e o amor romántico mediante o análise crítico de varias cancións.

violencia

Obradoiro sobre a Violencia de Xénero e Novo Contexto Dixital impartido por persoal de Pantallas Amigas en colaboración co Concello de Camariñas, destinado ao alumnado de 6º de primaria.

pantallas amigas

Participación por parte do alumnado de 4º de Primaria no Proxecto “EQUALITER”,  este proxecto consistiu basicamente na elaboración dun mural co formato de Twiter, onde se emitían chios en contra da violencia de xénero.

IMG_20181120_211912

Este mural foi exposto na entrada do noso colexio, e ademáis apareceu nun vídeo no que participaron máis de 50 centros de toda Galicia. Podedes ver o vídeo no seguinte nelace: VÍDEO EQUALITER 2018

Esta entrada foi publicada en Infantil, Primaria. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s