Renovación do Parque de Infantil

Dende o equipo directivo do CEIP O Areal queremos agradecer ao Concello de Camariñas a renovación dos xogos do noso parque.

IMG-20190515-WA0025

Nos últimos tempos os aparellos existentes estaban a romper por mor de levar moitos anos ao sol e a chuvia. Reunidos con representantes do Concello de Camariñas e  tras analizar a posibilidade de arranxalos ou de renovalos, decidiron que a mellor solución era a renovación dos mesmos.

IMG-20190515-WA0024

Ademais desta renovación comprometéronse a realizar un fresado de todo o terreo nada máis rematado o curso para eliminar as fochancas existentes e tamén o arranxo do areeiro.

IMG-20190515-WA0026

A maiores, dende o centro insistímoslles de novo que consideramos fundamental o pintado do centro de primaria, porque ademais da mala imaxe exterior que se pode apreciar actualmente, tamén se están comenzando a producir algúns filtrados de auga ao interior da escola. Aplazáronnos a darnos unha resposta en firme pasadas as eleccións municipais, pero mostraron a sua disposición a realizar esta obra.

IMG-20190515-WA0023

Por último, recordar neste senso de arranxos, que estamos moi satisfeitos porque dende Xefatura Territorial confirmáronnos que este verán van a proceder a un novo cambio de fiestras no centro. Neste caso sustituiranse as ventás de 4 aulas de primaria.

 

Esta entrada foi publicada en Primaria. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s