Excursión en tren á casa de Rosalía de Castro

O pasado venres, as nenas e nenos de Educación Infantil fomos de excursión de fin de curso. Pola mañá cedo, xa estábamos todas e todos agardando emocionados polo autobús, que se facía de rogar. Viaxamos ata Santiago onde íamos vivir una gran aventura: unha viaxe en tren! Agardamos con nervios na plataforma, para moitas e moitos de nós era a nosa primeira viaxe en tren.

Cando xa estábamos acomodados no vagón o tren púxose en marcha, ía tan rápido que parecía que voaba. E así, nun abrir e pechar de ollos chegamos o siguiente destino: Padrón.

Ó baixar do tren camiñaños un poquiño e deseguido ollamos a casa da que tanto oíramos falar: a casa de Rosalía. Entramos nun xardín moi verde cheo de árbores e alí, baixo unha parra, repuxemos forzas coa merenda.

Logo entramos a visitar á casa, estivemos moi atentos ó que nos contaban as mestras e mestres sobre Rosalía e a súa familia. Algunhas cousas xa as sabíamos pero aprendemos moitas máis.

Rematada a visita volvemos á estación a coller de novo o tren. Na viaxe de volta non paramos de cantar ata chegar a Santiago. Alí agardaba o autobús para levarnos ata a Alameda onde disfrutamos do xantar.

Despois rematamos este fantástico día xogando no parque ata chegou a hora de volver á casa. Foi un día inesquecible.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Infantil. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s