Taller de construción de instrumentos

Ímosvos a ensinar una das activades que realizamos na clase de música co alumnado de 4º de Primaria.

Estivemos construíndo uns instrumentos de percusión: uns tambores africanos; que usaremos nas nosas clases e na actuación do festival de fin de curso.

O material que necesitamos para construílos son un bote de lata (leite en polvo, nesquik…), globos e cinta aislante de cores para decorar.

Os pasos para a construción son moi sinxelos:

     1º. Lavamos ben o bote e secámolo. Usarémolo sen tapa.

     2º. Cortamos a parte máis etreita do globo, deixando soamente a parte ancha. Logo estiramos coas nosas mans o globo para cubrir a parte descuberta do bote a modo de parche do tambor.

     3º. Suxeitamos con cinta aislante o globo para que quede tenso e non escape. Darémoslle varias voltas para que quede seguro.

     4º. Decoramos con cintas de diferentes cores ao gusto de cada quen.

     5º. Tocamos o noso tambor africano e desfrutamos del!!! Podemos facelo usando uns lapis como baquetas, beliscando o globo… Pero sempre tendo coidado de non rompelo!!!

Deixámosvos unas fotos do proceso de construción, onde desfrutamos e nos divertimos moito!

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Infantil. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s