Saída a Buño de 1º, 2º e 3º Educación Primaria

O pasado 28 de maio os alumnos de 1º, 2º e 3º, fixemos una saída a Buño, pertencente ao concello de Malpica de Bergantiños. Fomos visitar o Ecomuseo Forno do Forte.

Ali contáronos que para construir o museo conservaron as estructuras arquitectónicas primitivas do edificio e tamén aquelas propias da actividade alfareira que, de sempre, é moi famosa en Buño.

No museo consérvase parte do moviliario orixinal de cociñas, habitacións e dos talleres de alfarería.

Tamén nos ensinaron a exposición con obxetos históricos e sobre as tradiccións da nosa rexión nos séculos XVIII ao XX incluindo a vida das persoas que nesa época era una vida dura, con poucos medios e de familias moi numerosas. Contáronos que tiñan que convivir todos na mesma casa, incluso tiñan que compartir a cama entre varias persoas.

Tamén nos fixeron una demostración de como traballan e modelan o barro antes de empezar co noso taller.

                                             6

Fora da casa deu comezo o noso modelaxe de barro, coa intención de facer algunha obra de arte con ese material, pero xa demos conta de que non é tan fácil como parecía.

As nosas caras son de auténticos alfareiros e os resultados algo parecido!!!

Despóis de tanto traballo podemos tomar a nosa ansiada comida, que podemos facer todos xuntos ao aire libre no cuidado campo que pertence ao museo.

Debíamos repoñer forzas, xa que aínda nos esperaba máis traballo para a tarde. A visita ao Museo construido en Camelle como legado de Manfred Gnädinger.

                                  9.jpg

É certo que fomos un montón de veces a Camelle e parecíanos coñecer ben a historia de Man, pero ese día descubrimos novas curiosidades escoitando o que nos contaron.

                                  10

Curiosidades como que este artista, non quería ningún alimento que implicara o sacrificio dos animáis, era un gran defensor da natureza. Estudou arte en Italia e deulle clases en Suiza a persoas con problemas de integración. En maio de 1962 chegou a Camelle, dende aquel día este alemán que era solitario, educado, de bo aspecto, instalouse para sempre en Camelle.

Alí ao lado do mar comenza a súa obra, que debido aos temporáis iba cambiando de forma xa que volvía a construir algo diferente, ata que no ano 2002 quedou devastado polo desastre do PRESTIGE e actualmente por culpa do vandalismo que non respeta moito os restos que quedan da obra. Aquí estamos nós prometendo que vamos a respetar sempre o traballo dos demáis e coidar o medio que nos rodea.

Tamén nos contaron que en 2014 iniciouse un proxecto denominado MAN: mar e natureza que te por obxectivo recuperar a obra de MAN e expoñela tanto na Casa do Alemán, como en internet, a través dunha exposición virtual que nos permitirá recrearnos dunha forma máis real a súa creación. E así rematou a nosa visita de diversión e información. Esperamos que vos guste!!!

Esta entrada foi publicada en Infantil. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s