IMPORTANTE: Aviso Cheques Libros, Fondolibros e Axenda Escolar

Unha vez rematada toda a entrega de solicitudes de fondolibros por parte dos pais/nais do alumnado, informámoslles que seguindo os procesos que establece a Xunta de Galicia, no día de mañá procuraremos publicar as listaxes provisionais, e a principios da semana que ven as listaxes definitivas! Con estas listas sacaremos o seguinte:

Cheques de libros e material escolar 1º e 2º de primaria: Seguramente o luns ou martes xa teremos no centro os cheques de libros e material escolar para o alumnado de 1º e 2º de primaria ao que lle sexa concedido.

Cheques de material escolar 3º, 4º, 5º e 6º de primaria: Ao igual que o alumnado de 1º e 2º de primaria contamos ter os cheques o luns ou martes.

Fondolibros de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria:

  • 3º, 4º e 5º de primaria, xa lles adiantamos que dispoñemos de suficientes unidades co cal tódolos alumnos/as que o solicitaron terán libros e non terán que compralos, independientemente da renda.
  • 6º de primaria, estamos intentando xuntar o maior número de exemplares estos días. Seguramente a maioría dos alumnos disporán de libros no centro. Tan só algún pai/nai tería que comprar os libros de unha ou dúas asignaturas como moito.
Recordade de todas formas que o que sí que terán que comprar tódolos alumnos é o Activity Book de inglés.

AVISO AXENDA ESCOLAR: O próximo curso o centro vai a entregarlle a cada neno/a de Primaria unha axenda escolar personalizada do CEIP O Areal. O curso pasado en primaria observamos que foi moi axeitado que tódolos alumnos tivesen a mesma axenda para apuntar tarefas, anotar datas de exames,… co cal este curso volveremos a agasallar a cada neno/a con un exemplar.

Atentamente o equipo directivo

axenda

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Infantil. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s