Mar na Escola 2019

Outro ano máis, as nenas e nenos de 5º e 6º de Educación Primaria do CEIP O Areal, pudieron desfrutar das xornadas de iniciación ás actividades náuticas organizadas pola escola de Cataventos.

Nesta ocasión, as nenas e nenos dividíronse en dous grupos dado o elevado número dos mesmos, xa que resultaba imposible que participasen conxuntamente. Os dous grupos quedaron conformados da seguinte forma: un grupo as dúas clases de 5º e un grupo a clase de 6º. Debido a esto, cada grupo so puido desfrutar da metade dos días.

Dende o mes de marzo ata o mes de maio gozamos desta actividade, periodo no que tivemos días moi bos para a súa realización e días moi malos, aínda así, os nosos rapaces e rapazas nunca perderon o sonrriso e as ganas de seguir saíndo ao mar.

Kayaks e diversos barcos de vela serviron de fío conductor para que nenos e nenas puideran achegarse aínda máis ás actividades de mar no noso pobo, sen dúbida unha das señas de identidade do mesmo.

Se queredes ver máis fotos da actividade, so tedes que acceder á páxina web do facebook adicada ao programa na seguinte ligazón: O Mar na Escola.

 

Esta entrada foi publicada en Infantil. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s