Plan Proxecta: Mobilidade sostible e segura

Ao longo deste curso 18/19 o alumnado de infantil participou nun proxecto titulado “ O noso barco ten rodas”, mantendo relación así co proxecto do centro “O mar que me viu nacer”. O proxecto trata sobre a mobilidade sostible e segura.

Dito proxecto forma parte da convocatoria da Consellería de Educación calificada como innovación educativa e enmarcada no Plan Proxecta.

As nenas e nenos de infantil foron realizando ao longo do curso as seguintes actividades relacionadas co proxecto:

 

Reciclaxe de rodas.

Grazas á colaboración dunha familia de infantil trouxemos rodas para o cole que pintamos e démoslle unha segunda vida de diversión, un novo xogo para nós.

– Educación Viaria na escola.

Decidimos comezar co concepto amplo de educación viaria, que tratamos ao longo de todo o curso, introducindo:

Vocabulario da rúa, espazos da mesma, medios de transporte, sinais para viandantes e medios de transporte, etc.

Camiñando polo noso pobo

Tamén realizamos diferentes excursións por Camariñas aproveitando para aprender como actuar se somos viandantes, prestando atención ás normas de viandantes e ás normas que debían seguir os medios de transporte.

-Xogos novos para o noso patio

Cando regresamos das vacacións de verán tivemos unha sorpresa nova para o noso patio, 2 bicicletas e 2 triciclos, que ben o pasamos!!

Visita da DXT as nenas e nenos

Tivemos a sorte de contar coa Dirección Xeral de Tráfico no noso centro. Viñeron a darnos unha charla moi didáctica e divertida de como demos comportarnos como viandantes e como usuarios de medios de transportes como o coche ou o autobús. Podemos gozar dunha sesión de vídeos, actividades prácticas e escoita de normas moi interesantes para poñer en uso na nos vida cotiá.

-Visita da DXT para as familia

A Dirección Xeral de Tráfico tamén asistiu ao centro para ter unha reunión coas familias e concienciándoos como adultos responsables das vidas das súas nenas e nenos. Cousas tan sinxelas como o uso do cinto, a condución responsable ao volante, os coidados nos medios de transporte que poden usar as nenas e nenos (bicicletas, patinetes, etc), entre outras cousas.

-Visita dos bombeiros e a policía local

Como actividade máis vistosa para o alumnado de infantil foi a tan ansiada chegada ao centro do bombeiros e a policía local, que lle ensinaron como é o seu traballo e como fan uso dos materias que teñen a súa disposición para darnos unha seguridade como cidadáns.

-Elaboración dunha maqueta

Como actividade de comezo e peche temos a realización de dúas maquetas. O deseño da actividade correu a cargo do alumnado de 5º de educación infantil, a titora e mestra de apoio. Decidimos elaboras zonas verdes, un porto marítimo, rúas, edificios, aparcadoiros, etc.

-Entrega de carteis

A DXT regalou a cada aula de infantil un cartel con normas básicas viarias.

image108

Pasámolo moi ben con este proxecto, esperamos que sexa proveitoso para o futuro das nosas nenas e nenos.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Infantil. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s