Gran inicio de curso no CEIP O AREAL

Agora sí o verán rematou, e no día de hoxe os nenos e nenas volveron ás clasese. Foi un día como é habitual de moitos nervios por voltar a ver aos compañeiros e no que todos, mestres/as, pais/nais e alumnos/as regresamos con gran ilusión e retos por afrontar.

Pero ademáis de todo isto, tivemos dúas novidades moi importantes:

Por fin e despois de moitas xestións coa xefatura territorial nos últimos anos e grazas especialmente á intervención da ANPA do centro, este xuño pasado instaláronse no centro ventás novas tres aulas de primaria e despois estad foron pintadas por Tedín, de forma que a día de hoxe tódalas titorías e parte das aulas de especialistas teñen unhas instalacións óptimas para o traballo, con ventás novas, ordenadores con internet con alta velocidade,  e proxectores ou pantallas táctiles.

This slideshow requires JavaScript.

A outra gran novidade, e non menos importante, é o pintado do frontal e laterais do centro de primaria. Durante estes día están a rematar o arranxo da fachada do centro que tan necesario considerábamos tanto a nivel estético como polas fendas que comezaban a aparecer nas paredes. Dende o centro queremos agradecer ao Concello de Camariñas que se fixera cargo deste arranxo tan importante para todos/as.

Na imaxe podedes ver claramente como está a cambiar a imaxe do centro escolar.

IMG_20190909_150132

 

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Infantil, Primaria. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s