Dende este curso 2019/20 o noso colexio é un centro EDIXGAL, é decir en 5º de primaria este curso e en 5º e 6º de primaria a partir do próximo, tódolos alumnos/as terán á súa disposición un ordenador portátil propio para traballar.
Ademáis disto, e do propio acceso a internet e a distintas aplicacións de texto e imaxe, temos á nosa disposición varias editoriais dixitais coas que traballar en tódalas asignaturas.
Desta forma ao longo do curso realizaremos unha gran cantidade de actividades en liña, pero eso sí sen esquecernos de que tamén a libreta e os libros son importantes como podedes observar no vídeo.