Celebración do entroido do CEIP O Areal

Estimadas familias:

Mañá día 21 de febreiro imos a celebrar o entroido no noso colexio. Para elo realizaremos conxuntamente coa Escola Infantil A Galiña Azul de Camariñas un desfile polas rúas do pobo. A ruta do desfile será a seguinte:

plano

A Saída realizarase fronte ao colexio a partir das 11:15 horas

Para que todo transcurra coa máxima normalidade posible, pregamos a máxima colaboración das familias que asistan ao desfile.

Tede en conta que a garda e custodia dos nenos e nenas correspóndelle aos seus mestres e mestras, e polo tanto, os nenos e nenas deben desfilar co seu grupo de compañeiros e compañeiras, e que o desfile non é o momento de tomar fotos individuais, sacar os nenos do seu grupo ou mesturarse con eles, xa que entorpeceríades a nosa labor de garda e custodia e faríamos dunha festa unha actividade menos agradable.

Este ano, a temática dos disfraces está relacionada cun proxecto a nivel de centro para elaborar un libro dixital interactivo sobre Camariñas, a nosa vila. Polo que os disfraces estarán relacionados con cousas típicas de Camariñas atendendo á temática que lle tocou a cada aula.

Tendo en conta isto, a temática de cada aula é:

  • 3 anos: gastronomía típica de Camariñas.
  • 4 anos: deportes destacados na vila.
  • 5 anos: praias da contorna.
  • 1º: profesións de Camariñas.
  • 2º: festas tradicionais da vila.
  • 3º: faros máis coñecidos.
  • 4º: encaixe.
  • 5º: naufraxios.
  • 6º: historia do Concello, contos e lendas.

OLLO!!! Os nenos e nenas saíran á 14:30h, seguindo o horario habitual do centro.

Por último, recordarvos que con motivo da celebración do Entroido as clases non se reanudarán ata o vindeiro xoves 27 de febreiro, día no que os nenos e nenas se incorporarán as aulas.

 

Advertisement

About ceipoareal

Blogue do colexio CEIP O Areal de Camariñas
Esta entrada foi publicada en Primaria. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s