Este pasado venres celebramos o entroido no noso colexio.
Dende o centro queremos agradecer ás familias e en xeral a todo o pobo de Camariñas a súa gran colaboración no desfile. Foi para nenos/as e mestres/as un día xenial que acompañado dun gran día de sol nos permitiu desfrutar a tope do entroido!!
Aquí vos deixamos unha fotiño do que foi disfrazado cada un dos cursos, xa a final de semana colgaremos máis fotos e tamén algún pequeno vídeo!
3 anos: gastronomía típica de Camariñas
4 anos: deportes destacados na vila
5 anos: praias da contorna
1º: profesións de Camariñas
2º: festas tradicionais da vila
3º: faros máis coñecidos
4º: encaixe
5º: naufraxios
6º: historia do Concello, contos e lendas