Hoxe día 28 de abril é o día da Educación Física na rúa, en situación normal faríamos actividades e xogos tanto no patio como na rúa e no medio natural, pero a situación de confinamento non nolo permite.
O alumnado de 5º de Primaria estes días estivo a crear aprender como facer Ioga para nenos/as para así manterse en forma nos seus fogares. E hoxe queremos compartilo cos demais.
Aquí podedes ver uns vídeos de ioga infantil:
Ioga para nenos, posturas de animais
Os nenos/as de 5º unha vez vistos os vídeos de ioga estiveron a practicar como podedes ver na imaxe.
E a continuación deixámosvos un archivo de word-odt onde podedes ver 5 posturas feitas por eles que podedes intentar adiviñar!!
Esperemos que vos guste!