Debido á situación actual e para facilitar o proceso para participar no fondo solidario de libros de texto e axudas para o material escolar, informámosvos de que:
A partir do martes día 26 de maio, estará dispoñible no centro en horario de 10 a 12 horas a solicitude completa impresa para que a poidades recoller e cubrila na casa. Só é para recoller o impreso, non para presentala. As solicitudes estarán na entrada do edificio principal.
Para posteriormente proceder á súa presentación, durante esta semana as titoras e titores comunicaranse con todos para concretar un día e hora para proceder a recoller o material do alumnado e formalizar a presentación da solicitude.
ACLARACIÓNS PARA CUBRIR E ENTREGAR A SOLICITUDE
Fundamental o día que se entregue, traer unha copia do libro de familia
O solicitante debe ser o pai/nai do alumno/a como se pode ver na foto
Moitas grazas