No mes de marzo no colexio puxemos á venda unhas rifas para colaborar coa excursión fin de curso, que os nenos/as de 5º e 6º de primaria repartiron por todo o pobo e arredores.
Nelas sorteábanse catro ceas que amablemente nos agasallaron catro restaurantes do pobo: Bodegón o Percebe, Pizzería Stella del Mare, Restaurante Arnela e Restaurante Villa de Oro.
Como se explicaba nas mesmas, tocarían ditas ceas coincidindo cos sorteos da ONCE dos xoves do mes de abril pero con motivo do Covid19, os sorteos non se puideron celebrar.
É por este motivo que agora que se voltaron a reanudar as lotarías e apostas queremos repartir estas ceas. Sendo os afortunados aqueles que posúan a rifa que coincida cos últimos 3 números do CUPÓN DIARO DA ONCE.
As novas datas dos sorteos serán as seguintes:
- Luns 15 de XUÑO. Un vale de 40€ no Bodegón o Percebe.
- Martes 16 de XUÑO. Un vale de 40€ na Pizzería Stella del Mare.
- Mércores 17 de XUÑO. Un vale de 40€ no Restaurante Arnela.
- Xoves 18 de XUÑO. Un vale de 40€ no Restaurante Villa de Oro.

CAMBIO DE DATAS
Os afortunados deberán de poñerse en contacto co colexio chamando ao teléfono 881880305, durante o mes de xuño para así recoller o seu vale! Moita sorte!
Atentamente o equipo directivo!!