LISTADO DE LIBROS PARA O CURSO 2020/21

No documento adxunto poderán consultar os libros que se van a utilizar no próximo curso académico 2020/21.

A continuación informámoslles brevemente os cambios producidos por etapas e cursos:

4º de Infantil: En principio non se solicitan libros, poderáselles pedir material unha vez este grupo sexa asignado a un titor/a a principios de setembro. Só se pide o libro de relixión a aqueles que a elexiran na matrícula.

5º de Infantil: En principio non se solicitan libros, poderáselles pedir material unha vez este grupo sexa asignado a un titor/a a principios de setembro. Só se pide o libro de relixión a aqueles que van a cursar esta optativa.

6º de Infantil: Levan o listado de libros completos solicitados polo titor/a deste curso

1º e 2º de Primaria: Aparece o listado completo de libros. Séguense a utilizar as mesmas editoriais e libros que o curso pasado. Aqueles que solicitaran o cheque de axudalibros e axudamaterial de 50€, serán informados dentro duns días se lles corresponde dita axuda.

3º de Primaria: A Consellería de Educación indicounos que este curso debemos realizar a renovación dos libros este curso. Por tanto o listado de libros é totalmente novo con relación a cursos anteriores. Dependendo da renda, estes libros serán comprados polo centro ou terán que compralos as familias. (Ao renovarse non existe fondo de libros no centro). Serán informados en próximos semanas se lles corresponden os libros e a axudamaterial de 50€.

NESTE CURSO NO CASO DE QUE SOLICITARAN A BECA DE FONDOLIBROS É MELLOR ESPERAR A QUE SAIA A RESOLUCIÓN DE AXUDAS. NON RESERVEN TODAVÍA ESTES EXEMPLARES NA LIBRERÍA ATA SABER SE O DO SEU FILLO/A O DEBE MERCAR O CENTRO OU VOSTEDES.

4º de Primaria: Neste caso tódolos que solicitaron a participación en Fondolibros van dispoñer de todas as unidades, e non terán que mercar na librería. Serán informados en próximas semanas se lles corresponde a axudamaterial de 50€.

5º e 6º de Primaria: Estes dous cursos van a traballar con Edixgal e non utilizarán libros de texto, informarémolos eso sí en próximas semanas se lles concederon a axudamaterial de 50€ a aqueles que a solicitaron.

About ceipoareal

Blogue do colexio CEIP O Areal de Camariñas
Esta entrada foi publicada en Infantil. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s