Nun curso tan complicado coma este no que tivemos que estar moito tempo confinados nos nosos fogares o alumnado de 5º de primaria embarcouse nun precioso proxecto sobre as Comunidades Autónomas que lles permitiu facer turismo virtual.
Durante eses horribles meses nas súas casas cada alumno buscou por internet información sobre unha comunidade e con ela elaborou un powerpoint, que hoxe xa montado e creado un vídeo coa axuda do mestre, estamos a publicar.
Hoxe publicamos o vídeo feito polo alumno Pablo González, seguro que credes coma nós que está xenial!! Grazas Pablo por ensinarnos tanto sobre Aragón!
Para velo pulsade na seguinte imaxe!
