Nun curso tan complicado coma este no que tivemos que estar moito tempo confinados nos nosos fogares o alumnado de 5º de primaria embarcouse nun precioso proxecto sobre as Comunidades Autónomas que lles permitiu facer turismo virtual.
Durante eses horribles meses nas súas casas cada alumno buscou por internet información sobre unha comunidade e con ela elaborou un powerpoint, que hoxe xa montado e creado un vídeo coa axuda do mestre, imos a publicar.
Hoxe publicamos o sexto, este feito pola alumna Naiara Gerpe, seguro que credes coma nós que está xenial!! Grazas Naiara por ensinarnos tanto sobre Extremadura!
Para velo pulsade na seguinte imaxe!
