Dende o colexio queremos felicitar aos alumnos/as de 4º de primaria que a pasada semana participaron no concurso da TVG “Coma un Allo infantil”.
Cinco rapaces/as do noso colexio tiveron a sorte de poder participar neste programa fronte a nenos/as dos colexios de Abadín e de Baio. Unha experiencia única e inesquecible.
Inda que nestes casos o máis importante é participar e desfrutar da actividade, a realidade é que a actuación dos nosos rapaces foi realmente impresionante, quedando catro deles en primeiro posto e un nun xustísimo segundo posto.
Todos eles ademáis viñeron cargados de agasallos, como patinetes, cámaras de fotos, distorsionadores de voz, camisetas do xabarín,…
E ademáis conseguiron diñeiro para unha excursión da que desfrutarán conxuntamente co resto dos compañeiros de clase!! Co cal incluso aqueles compañeiros/as que non puideron ir concursar tamén van a ser recompensados!!
Joel: 2ª posto
Naiara: 1º posto
Daniela: 1º posto
Antón: 1º posto
Sara: 1º posto