O alumnado de 5º de primaria está a seguir facendo Educación Física nas súas casas. Para elo o mestre estalles a indicar cada semana un reto que deben grabar coa cámara do móvil e compartilo con todos/as nós.
Cada día imos irvos presentando o reto realizado por dous alumnos/as sempre utilizando rolos de papel hixiénico.
Neste caso serán Joel e Saray os que nos presentan os seus retos!!
Para ver os vídeos pulsade as fotos!!
Joel: Fixo un espectalular circuito aproveitando que o bar está cerrado. Neste circuito ademáis de xogar ao baloncesto cos rolos de papel hixiénico, tamén demostra como corre, salta, pasa por debaixo de obxectos e ata demostra a súa habilidade co patinete!!
Saray: Inventou un novo deporte “O Bici-Basquet”, un novedoso deporte no que fai bicicleta estática ao mesmo tempo que encesta uns rolos de papel hixiénico!!
Un día máis superado de confinamento nas nosas casas.
Quen se anima a intentar realizar os retos propostos polos nosos compañeiros/as?!!
Moitas gracias Joel e Saray!!