Fondo solidario e axudas de libros de texto e material para o curso 2020/2021

No día 19/05/2020 foi publicada no DOG a ORDE do 12 de maio de 2020, pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso escolar 2020/2021.

 

Toda a información e acceso á aplicación informática na web da Consellería:https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

  • Fondo solidario: Alumnado matriculado no curso 2020/21 en 3º e 4º de educación primaria. O alumnado matriculado en 5º e 6º de primaria incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) está EXCLUÍDO da participación no fondo solidario de libros de texto. Non obstante, TERÁ DEREITO á axuda para adquirir material escolar.
  • Axudas para libros de texto: O alumnado matriculado no curso 2020/21 en 1º e 2º de educación primaria.
  • Axudas para material escolar (50€): O alumnado matriculado en educación primaria.

Será obrigatorio para beneficiarse destas axudas devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros ou recibido do fondo no curso 2019/20. Está excluido desta obriga o alumnado de 1º e 2º de primaria e o alumnado de necesidades educativas especiais.

O prazo máximo para devolvelos será o 12 de xuño de 2020. (En próximos días informarémoslles da forma e día para a súa devolución)

** Este ano modifícanse as cuantías subindo o tramo inferior ata os 6000€ e o superior ata os 10.000€ e amplíase o importe concedido nos vales de 1º e 2º de primaria. TEÑEN DEREITO Á AXUDA AS FAMILIAS QUE TEÑAN A SEGUINTE RENDA PER CÁPITA (Suma dos recadros 432+ 460 da renda do ano 2018 dividido entre o número de membros da unidade familiar a 31 de decembro de 2018):

Menor ou igual a 6000€ Maior de 6000 ata 10.000€ Menor ou igual a 6000€
CURSOS  LIBROS DE TEXTO  MATERIAL
1º e 2º de E.P.  210 € 140 € 50 €
3º e 4º de E.P.  Fondo: 6 libros Fondo: 4 libros 50 €

*A asignación de libros dispoñibles no fondo do centro realizarase por orde inversa á renda per cápita ata que se agoten as existencias.

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Aberto o prazo dende o 20 de maio ata o 19 de xuño de 2020 incluído.

A SOLICITUDE será ÚNICA para TODOS OS FILLOS que estean matriculados no NOSO CENTRO docente para o curso 2020/2021. Será presentada polos pais/nais ou titores/as do alumo/a e poderá presentarse por dúas vías:

– PREFERIBLEMENTE POR VÍA ELECTRÓNICA(procedemento ED330B): Utilizando os formularios dispoñibles na aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/) a traveś da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) . Poderá utilizarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos na sede electrónica incluíndo o sistema de usuario e Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365)

 

– OPCIONALMENTE PODERASE PRESENTAR A SOLICITUDE (anexo I e II)    PRESENCIALMENTE no noso centro ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común:

**Recoméndase cubrir a solicitude na aplicación Fondolibros  (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/), logo imprimila e presentala asinada no centro xunto co anexo II, tamén asinado, e coa documentación correspondente.

PARA REALIZAR A SOLICITUDE DE FORMA PRESENCIAL INFORMARÉMOSLLES EN PRÓXIMOS DÍAS, DARANSE CITAS POR NENOS/AS SEGÚN O CURSO. NON FAI FALTA SOLICITALA, XA AVISAREMOS MEDIANTE PUBLICACIÓN NO BLOGUE E MEDIANTE TOKAPP

**Debido a situación de alerta sanitaria polo Covid-19  será obrigatorio o uso de mascarillas así como gardar a distancia de seguridade no acceso ao centro para evitar aglomeracións.

descarga

Advertisement

About ceipoareal

Blogue do colexio CEIP O Areal de Camariñas
Esta entrada foi publicada en Infantil. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s